O viño é unha das bebidas máis consumidas a nivel global. Só o pasado ano as súas vendas supuxeron un 21% do total de bebidas alcohólicas, cunha taxa de crecemento acumulada do 1,55% en 2020, desacelerada pola crise da COVID-19. O tinto segue sendo a categoría con maior cota de mercado tanto a nivel global como nacional, pero os espumosos están a adquirir cada vez maior cota de mercado, destacando o prosecco a nivel global e o champagne a nivel nacional.
Pola súa banda, España destaca como un do tres primeiros países con maior número de exportación de viño a nivel mundial, así como por ser un dos territorios cun maior número de lanzamentos nos últimos cinco anos.
Pola súa banda a distribución e o consumo de viño sufriron en 2020 un impacto enorme a nivel global pola crise da COVID-19 en particular na canle Horeca que era a de maior valor en 2019 cun cambio de hábitos asociado ao consumo no fogar.
Co obxectivo de coñecer as principais tendencias de consumo no sector vinícola en 2020 e o impacto que a COVID-19 tivo nelas, a área de insights do Clúster Alimentario de Galicia elaborou o informe “Tendencias do sector vinícola. Mercado global e español”, que foi presentado nun webinar o 19 de novembro.
Cales foron os viños preferidos este 2020? Que tendencias están a gañar popularidade? Cales son os sabores máis innovadores? Son algunhas das cuestións ás que dá resposta este informe que destaca coma os produtores comprenderon a importancia de propor unha produción máis responsable producindo viños máis respectuosos co medio ambiente.
Asemade a énfase na saúde e benestar tamén inflúe nas decisións dos consumidores de viño. Agora os consumidores están preocupados pola orixe e os métodos de produción do viño, favorecendo os viños orgánicos e naturais como símbolo de calidade superior, para acompañar este movemento de consumidores cara a unha maior naturalidade e transparencia. Nesta liña tamén hai un interese crecente polos viños baixos en alcol.
En particular dos viños en tendencia no último ano destacan
– Viños premium: o consumidor cada vez busca produtos de calidade superior asociado a momentos de consumo especiais, mais non necesariamente de prezo elevado.
– Viños orgánicos: son unha tendencia en alza, xa que cada vez son máis os consumidores que escollen os viños de uva procedentes de cultivos orgánicos certificados e sen aditivos.
– Viños tradicionais: gañaron aínda máis protagonismo no último ano. Entre eles destacan os viños en cuxa etiqueta se remarca o país de orixe ou o ano do comezo da adega.
– Viños edición limitada: esta tendencia vai máis, sendo cada vez son máis as adegas que aproveitan datas sinaladas ou aniversarios das marcas para sacar ao mercado edicións exclusivas de produtos que permanecen no mercado durante un curto período de tempo.
– Viños veganos: cada vez mais pola demanda que experimenta un rápido crecemento entre os consumidores, ademais, comparten outras tendencias e é que a maioría dos viños veganos tamén son orgánicos.
Neste informe, tamen se analizan os viños innovadores, no que se refire a sabores, o 2020 está marcado pola tendencia cara ao pexego, a fresa, frambuesa, ciruela e mazá vermella. Ademais, o mango foi gañando importancia a medida que avanzou o ano.
Asemade destacan bebidas innovadoras non vinícolas, pero asociadas no seu posicionamento. Un exemplo delas son os refrescos ou bebidas sen alcol que teñen sabor a viño e os cocktails de viño e spritzzers elaborados a base de auga carbonatada e viño.
Na conclusión analizáronse catro casos de éxito de innovacion e adaptación ás tendencias de consumo a nivel global: Night Hawk Black (USA), Terre di Faiano (Reino Unido), Barefoot (USA) e Rotkäppchen Sektkellerei (Alemaña).
VER RESUMEN DO INFORME