O proxecto europeo INCluSilver, no cal o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) colabora, logrou dar apoio a un total de 275 pemes desde a súa posta en marcha no ano 2017. O seu obxectivo ao longo destes tres anos foi desenvolver produtos e servizos para axudar á poboación silver maior de 50 anos a manterse en forma de manera saudable e independente.
E é que esta era a misión deste proxecto, desenvolver xunto aos seus socios, entre os que se atopa Clusaga, solucións innovadoras de nutrición personalizada para a poboación sénior debido ao incremento da taxa de envellecemento.
Estes datos foron presentados nas xornadas INCluSilver Innovation Conference and Final Event realizadas do 21 ao 21 de xaneiro en Aarhus (Dinamarca). Nela tamén se destacou que foron 60 as pemes que participaron en eventos transfonterizos e que se chegou a través dos eventos organizados no marco deste proxecto europeo a 2.695 persoas.
No devandito evento, participaron os nosos socios colaboradores EUROB Creative e Nutricion 3G, quen presentou as iniciativas desenvolvidas ao longo deste proxecto. Todas as pemes participantes coincidiron na importancia da microbiota intestinal na nutrición da poboación sénior, nas consecuencias da desnutrición e en como unha dieta adecuada pode contrarrestar os cambios fisiolóxicos que se suceden a medida que as persoas envellecen.
Tamén, destacáronse as oportunidades da silver economy e da cooperación transfonteriza, na que INCluSilver traballou facilitando o acceso a novos mercados ás pemes colaboradoras do proxecto.