Foron 22 os proxectos seleccionados por para a posta en marcha de BioIncubatech, a primeira bioincubadora española especializada na área da innovación e a transferencia biotecnolóxica no sector da saúde e a agroalimentación, promovida pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dos 22 proxectos, sete son empresas xa constituídas. En BioIncubatech recibirán apoio para a procura de investimentos, potenciar os labores de comercialización e saír ao mercado internacional. É o caso de TasteLab (entidade socia do Clusaga), QuBiotech, Celtalga, Software 4 Science, HGBeyond, i-Grape e INTERA.
Outras catro das propostas seleccionadas, LiberaBio, MatPrint, Diversa y Fluorotools, xa recibiran apoio do Programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación (GAIN) durante os últimos 12-24 meses e neste momento atópanse en fase de constitución. Desde BioIncubaTech poderán agora recibir apoio para captación de talento, procura de investidores, desenvolvemento comercial e internacionalización. Neste sentido, poderán establecer sinerxias con Business Factory Food, a aceleradora do sector alimentario galego.
O resto dos proxectos atópanse nunha fase máis incipiente e recibirán apoio para finalizar o seu plan de empresa, captar talento empresarial e/ou financiamento e iniciar a súa actividade comercial a nivel nacional ou internacional. Os responsables de todas estas iniciativas poderán incorporarse en breve ás instalacións do Edificio Emprendia do Campus Vida.
Na selección destes 22 proxectos participou o Clúster Alimentario de Galicia, xunto ao resto de socios do proxecto Uninova, Cámara de Comercio de Santiago, GAIN e Bioga.
Dos módulos de incubación física de BioIncubatech, formarán parte HGBeyond, Celtalga Extract, I-Grampe Inyectable para Mastitis Bovina, Arnigal Cultivos, Creación dun Laboratorio de Análise de Gas Radón en Interiores. Do espazo de coworking: Diversa, Libera Bio, Genomes & Disease, Matprint, Bactidec, e Stelabus. E do programa de incubación virtual: Biobalmis, Qubiotech Health Intelligence S.L., BFlow, Taste Lab, Traffikgene, Ibonelab S.L.; FluoroTools, Terapia Contra a Metástase, Hifas Vet, Materias Primas Ácidos Graxos Ozonizados, e Augas de Viño Enriquecidas en Antioxidantes Naturais.
Resolución comité