O salón de actos da Axencia Galega de Innovación (GAIN) acolleu o Workshop packaging alimentario: deseño, sustentabilidade e seguridade no que se presentaron casos de éxito, solucións e ideas neste ámbito, así como o Programa de Deseño para a Innovación 2020 de la Xunta de Galicia.
A xornada foi inaugurada por Pablo Gómez, membro do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e director división láctea de CLUN, quen destacou o papel crave que a industria do packaging ten para atopar solucións sustentables que respondan ás esixencia e preocupacións do consumidor polo medioambiente e a súa contorna.
Marta Álvarez, de Sigillum Knowledge Solutions, abordou a importancia dos envases seguros nos produtos e Teresa Sebastiá, de Ecoembes, explicou a necesidade de deseñar para reciclar a través da economía circular.
Tras as súas intervencións, tivo lugar unha mesa redonda, moderada por Alberto Lázaro, de Tuapli, na que se abordou o deseño e a innovación no packaging. Nela participaron Iago Candal, de DS Smith, Miguel Falcón, de Gráficas Salnés, Enrique Rey, de Ainia Centro Tecnológico, e David Silvosa, do Clúster de Comunicación de Galicia e Costa.
A última parte do workshop estivo centrada no proxecto piloto de implantación de metodoloxías de deseño estratéxico en empresas do sector alimentario, que se enmarca dentro do Programa de Deseño para a Innovación 2020 de la Xunta de Galicia.
Mª José Mariño, Patricia García e Santiago Nieto, ambos da Axencia Galega de Innovación (GAIN), explicaron xunto a David Barro, do Instituto de Deseño e das Artes Contemporáneas DIDAC, que este proxecto ten como obxectivo achegar o deseño ao tecido produtivo galego poñendo en contacto aos deseñadores coas empresas para impulsar medidas de colaboración para a xeración de produtos e servizos innovadores, que atendan ás novas esixencias do mercado.
Finalmente, Roberto Alonso, do Clusaga, explicou os grupos de traballo e accións do Clúster nese ámbito e pechou a xornada animando aos asistentes para formar parte do Programa Deseño para a Innovación 2020.