×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Por quinto ano consecutivo, o Clúster Alimentario de Galicia convoca os Premios Galicia Alimentación, que recoñecen as mellores prácticas en emprendemento, cooperación, innovación e internacionalización do sector ao longo do ano 2019.

O obxectivo destes Premios Galicia Alimentación, que celebran este ano a súa quinta edición, é contribuír a promocionar os produtos alimentarios e bebidas galegos, así como os proxectos, empresas e institucións relacionadas.

Categorías Premios Galicia Alimentación 2019

A quinta edición dos Premios Galicia Alimentación conta coas seguintes categorías:

  • Premio Galicia Alimentación ao produto innovador.
  • Premio Galicia Alimentación ao proxecto empresarial ou sectorial.
  • Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado e internacionalización.

Ademais destas tres categorías, o xurado poderá outorgar, en caso de concorrencia, un Premio Extraordinario Galicia Alimentación á proxección do sector alimentario e bebidas. Nesta distinción poderán ter cabida as institucións e organizacións que destaquen polo seu labor en favor do apoio ás iniciativas empresariais, ao emprendemento e á innovación no sector, así como pola súa traxectoria e traballo desenvolto en busca da promoción da calidade e imaxe dos produtos galegos.

Como participar? Presentación de candidaturas

Poderán participar nos Premios Galicia Alimentación 2019 persoas físicas, autónomos, micro, medianas e grandes empresas que teñan sede social, centros produtivos ou exerzan a súa actividade comercial ou transformadora en Galicia, así como institucións galegas ou situadas fóra do territorio que desenvolvesen actividades en favor dos produtos alimentarios galegos, tendo estes orixe ou transformación en Galicia ou na frota pesqueira dunha empresa galega.

Para presentar a candidatura debe cumprimentarse o formulario correspondente a cada premio -empresa ou produto-, que aparece a continuación, asinarse e achegarse en formato pdf a través da aplicación online , que se mostra seguidamente.

FORMULARIO PRODUTO

FORMULARIO EMPRESA / INSTITUCIÓN

INSCRIBIRSE

O prazo de presentación de candidaturas finaliza o 24 de maio 2019.

Para máis información consultar as bases dos Premios Galicia Alimentación 2019. Para calquera dúbida, contactar a través do correo electrónico comunicacion@clusaga.org ou do teléfono 981 556 062.

BASES

Colaboradores y patrocinadores