×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto e finalidade

Aberta a segunda convocatoria de inscrición para o proxecto New Frontiers in Food-Fast Forward NF4 para optar ás axudas que ofrece esta aceleradora de internacionalización a pemes innovadoras. Os servicios que ofrece o proxecto son apoio en intelixencia de negocios e mercado, mentoring e coaching intensivos, posibilidade de asistir a eventos B2B nos mercados obxectivo e eventos tecnolóxicos en Europa, e cheques de internacionalización para asistir ás misións internacionais do proxecto.

Marco da convocatoria

NF4 é unha aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias innovadoras, impulsado por unha alianza de cinco Clusters: Clusaga (ES); Food Valley (NL); Valorial (FR); Vitagora (FR) e Wagralim (BE). O obxectivo xeral é o desenvolvemento operacional da estratexia de internacionalización conxunta definida pola asociación de clústers.

New Frontiers in Food proporcionará un paquete completo de servizos de aceleración, co obxectivo de impulsar a colaboración internacional e o desenvolvemento comercial dun grupo de PEMEs alimentarias europeas dentro de tres mercados obxectivo no estranxeiro cos que o consorcio xa está fortemente conectado: Brasil, China e Estados Unidos.

Solicitude e máis información

Poden presentar a súa solicitude mediante o formulario de inscrición ata o 31 de xaneiro de 2019. Máis info en export@clusaga.org ou international@clusaga.org

Formulario de inscrición Máis info

Financiado por

New Frontiers in Food Fast Forward está cofinanciado polo programa da Unión Europea Cosme (2014-2020)