×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxecto e finalidade

O obxecto da convocatoria é a concesión de axudas ao financiamento (cheques) e apoio técnico (servizos) para o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos ou de innovación en produto no ámbito da nutrición personalizada para a poboación senior dentro do marco do proxecto europeo Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver

Marco da convocatoria

O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos dende a cooperación de distintos sectores.

INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020. Está financiado no Programa Europeo Horizonte 2020 co obxectivo xeral de apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores e países que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras neste ámbito.

Beneficiarios

As Pequenas e Medianas Empresas (PEMEs) dos sectores relacionados coa saúde, alimentación e tecnoloxías da información e comunicación e outras áreas complementarios poden obter apoio financeiro directo (cheques de innovación) e técnico (a través de servizos de apoio á innovación) para aumentar a capacidade de innovación. Ademais de asesoramento individualizado, actividades de formación avanzada e unha contorna colaborativa virtual de apoio á innovación aberta.

Financiamento

As pequenas e medianas empresas (PEMES) de Galicia poden agora solicitar online para recibir ata 60.000€ de axuda financieira para desenvolver ideas innovadoras, produtos e tecnoloxía no campo da nutrición personalizada para o grupo de consumidores da poboación sénior.

- Cheques Proposta de Innovación

·Cheque Escalabilidade e Internacionalización. 20.000€. Transferencia dunha innovación ao mercado, dentro e fóra da UE (deseño, análise de mercado, consultoría internacional).

·Cheque Demostración. 60.000€. Demostración do nivel de madurez tecnolóxica en contexto operacional en colaboración con living labs e sistemas de demostración a gran escala.

·Cheque Transferencia Tecnolóxica. 20.000€. Valoración do potencial de transferencia de tecnoloxía ou know-how ou de resolución dun problema técnico que permita á transferencia.

·Cheque análise de viabilidade económica. 10.000€. Apoio a decisións estratéxicas. Elaboración de análise en profundidade da competencia e condicións da contorna e normativas.

Complementariamente a financiación, os proxectos seleccionados poden solicitar apoio dos servizos de coaching e mentorización en (1) Branding (2) Modelo de negocio (3) Captación de fondos / Acceso a financiación (4) Presentación a inversores (5) Internacionalización (6) Incubación / Coubicación.

Solicitude e máis información

Os solicitantes deberán presentar un proxecto de innovación no modelo tipo da convocatoria, que deberá permitir ampliar e consolidar a capacidade innovadora da empresa no ámbito da nutrición personalizada en poboación sénior.

O prazo de solicitude remata o 15 de Febreiro de 2019.

Mais info en inclusilver@clusaga.org

Cheque proxecto Mais info

Financiado por

INCluSilver está financiado no Programa europeo de investigación e innovación Horizonte 2020 segundo o acordo 731349. INCluSilver is funded under the Industrial Leadership Pillar within Horizon 2020 Framework (Innovation Action for SMEs) under grant agreemment 731349