×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

“A comunicación con propósito, por que e para que agora no sector da alimentación?” será o tema que Luisa Rodríguez, directora rexional de ATREVIA, abordará no almorzo coloquio organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) o próximo 28 de novembro.

A xornada, que comezará ás 9.30 horas e desenvolverase no Fórum B do hotel Palacio do Carmen (C/ Oblatas, s/n, Santiago de Compostela), está pensada para fomentar a participación e interacción entre todos os asistentes. Tras a presentación de Luisa Rodríguez, haberá tempo para realizarlle preguntas e intercambiar dúbidas coa relatora e os asistentes.

O custo da devandita actividade é de cinco créditos para os socios e de 15€ para as entidades que non son socias de Clusaga. Os interesados en acudir deben inscribirse na seguinte ligazón: https://cutt.ly/atrevia.

Luisa Rodríguez, experta en comunicación, posicionamento e visibilidade

Luisa Rodríguez é licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e ten un Máster en Comunicación pola Universidade Autónoma de Madrid. Ademais, conta cunha especialización en Comunicación e Deseño realizada na Art House de Dublín.

Con case 20 anos de experiencia no sector da comunicación, posicionamento e visibilidade, actualmente, é a directora rexional do Norte de España e do Caribe. Luisa participou activamente como coordinadora en proxectos desenvoltos tanto a nivel nacional como internacional.

En España, liderou proxectos de xestión de crise e posicionamento reputacional especialmente para empresas e asociacións do sector de gran consumo e industriais. Xa en Latinoamérica, dirixiu proxectos multipaís entre os que destacan o Plan de mercadeo turístico para Centroamérica, o proxecto de Comunicación e Sensibilización para a xestión de riscos de desastres naturais para os países do Caribe, financiado pola Unión Europea e o Plan de márketing turístico para 10 áreas protexidas en Costa Rica do BID.

PROGRAMA

INSCRIBIRSE