×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Comisión de Innovación e I+D do Clúster Alimentario de Galicia organiza o mércores, 19 de febreiro, no edificio Miralles do Campus Lagoas- Marcosende da Universidade de Vigo a terceira sesión de ciclo “Clusaga e os retos estratéxicos do sector: I+D+i e sustentabilidade”.

A xornada desenvolverase en horario de 10 a 12.15 horas e contará coa presenza da vicerreitora de transferencia da Universidade de Vigo, María Consolo Pérez, quen se encargará de dar a benvida.

Nela, Noelia Dosil e Patricia Fraga, xestoras de proxectos de innovación do Clusaga, presentarán a actividade e grupos de traballo da Comisión de Innovación. Pola súa banda, María Corina Porro, do departamento I+D+i de Nova Pescanova, e Julián Hernández, xerente do departamento de márketing de Vegalsa Eroski presentarán os retos da devandita Comisión.

Finalmente, os grupos de investigación da Universidade de Vigo con proxectos vinculados ao sector alimentario poderán presentar a súa actividade para compartir e intercambiar ideas.

PROGRAMA

INSCRIPCIÓNS