×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Do 20 ao 24 de abril o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza unha misión directa á feira tecnolóxica Hannover Messe en Alemania co obxectivo de coñecer as novidades que alí se presenten no sector da dixitalización da industria alimentaria.

En 2019 esta feira contou coa participación de máis de 215.000 visitantes e 6.500 empresas expositoras. Destas, máis do 60% procedían do estranxeiro, contando con ata 78 nacionalidades diferentes. Todo iso, converten a Hannover Messe nunha feira de primeiro nivel para o sector alimentario.

Condiciones participación misión directa Hannover Messe

Para poder participar na misión directa á feira tecnolóxica Hannover Messe debe estar adscrito a un dos proxectos IG208 ou IG223 do Igape no ano 2020. O Clúster Alimentario de Galicia dispoñerá de subvencións á viaxe e bolsas de 250€. A asignación das bolsas terá en conta a orde de inscrición e a participación nos proxectos 4.0 promovidos por Clusaga.

A misión directa á feira tecnolóxica Hannover Messe inclúe apoio na xestión (viaxe, aloxamento e entradas), elaboración da axenda conxunta con actividades adicionais e axuda económica para o desprazamento e aloxamento.

Para inscricións ou dúbidas contactar no email innovacion@clusaga.org.

MÁS INFO