×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

No contorno económico actual, o crecemento baseado na expansión comercial nos mercados internacionais constitúe unha estratexia de negocio con un gran potencial de impacto nos resultados empresariais. Para poder aproveitar as oportunidades que ofrecen os mercados exteriores é preciso contar cun equipo humano adecuadamente formado e capacitado.

Nesta liña o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) co apoio da Conselleria do Mar organiza un novo programa dirixido a xerentes, equipo de marketing e comerciais das empresas e organizacións do sector de produtos do mar.

O programa céntrase nun plan formativo para as empresas que poderán dispoñer das ferramentas precisas para elaborar a súa estratexia de marketing e internacionalización e orientarse cara mercados de consumo estratéxicos, en particular, asiáticos. Asemade, o proxecto dótase dun valor engadido facilitando información sobre mercados de interese, recompilación de tendencias e requirimentos ou o estudo do posicionamento da competencia nos principais mercados de Asia.

O proxecto proporcionará un paquete completo de servizos de información, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento comercial no mercado asiático das empresas do mar galegas que participen no programa, en particular, nos mercados de Corea, Xapón e China-Hong Kong.

O Clusaga tamén operará nun modo de helpdesk, ofrecendo asistencia baixo demanda ás empresas participantes nunha variedade de eidos que se adaptan mellor ás súas expectativas e necesidades relacionadas coa exportación aos mercado asiáticos e facendo ligazón con expertos.

PROGRAMA

INSCRÍBETE