×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

No contorno económico actual, o crecemento baseado na expansión comercial nos mercados internacionais constitúe unha estratexia de negocio con un gran potencial de impacto nos resultados empresariais. Para poder aproveitar as oportunidades que ofrecen os mercados exteriores é preciso contar cun equipo humano adecuadamente formado e capacitado, con habilidades e coñecementos específicos.

Nesta liña o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) dentro do proxecto New Frontiers in Food (NF4) de aceleración da internacionalización, organiza un programa de mentoring deseñada en colaboración co Máster en Dirección e Xestión de Comercio Exterior (MASCOMEX) da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta actividade está dirixida ás PEMEs socias do CLUSAGA participantes no Proxecto NF4, e polo tanto pertencentes a algunha das tres cadeas de valor complementarias: alimentos conectados, alimentos funcionais e ingredientes saudables e alimentos procesados; e centrarase en catro mercados obxectivo: Canadá, Brasil, China e Estados Unidos.

Este programa de mentoring componse de dúas actividades paralelas e complementarias. A primeira consta dunha acción formativa presencial co fin de dotar a todos os participantes dos coñecementos necesarios para afrontar con éxito a súa saída ou expansión no mercado internacional nos mercados obxectivo citados. A segunda concrétase na elaboración dun Plan de Internacionalización individualizado para oito das empresas participantes que lles permita orientar a súa estratexia internacional.

Programa Inscrición Programa 7/02