×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia organiza unha xornada de difusión do proxecto europeo New Frontiers in Food Fast Forward NF4 co obxectivo de presentar as vantaxes que ofrece as empresas do sector participantes no acceso a novos mercados exteriores.

O proxecto

NF4 é un acelerador de internacionalización para pemes agroalimentarias innovadoras, impulsado por unha alianza de cinco Clusters: Clusaga (ES); Food Valley (NL); Valorial (FR); Vitagora (FR) e Wagralim (BE). O obxectivo xeral é o desenvolvemento operacional da estratexia de internacionalización conxunta definida pola asociación de clústers.

New Frontiers in Food proporcionará un paquete completo de servizos de aceleración, co obxectivo de impulsar a colaboración internacional e o desenvolvemento comercial dun grupo de PEMEs alimentarias europeas dentro de catro mercados obxectivo no estranxeiro cos que o consorcio xa está fortemente conectado: Canadá , Brasil, China e Estados Unidos.

A xornada

Na xornada participarán expertos e representantes de entidades de apoio ás empresas que aportarán unha visión dos retos e tendencias claves no proceso de internacionalización do sector alimentario e das bebidas.

Destaca o relatorio principal que será impartido por Julio López Castaño, destacado CEO Founder de Genetsis, empresa especializada no desenvolvemento de negocios en China.

Conta cunha experiencia de máis de 25 anos na dirección e xestión de negocios internacionais, nos que destaca como CEO de OSBORNE Greater China e Director Xeral de OSBORNE Asia.

Programa Inscrición