×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O próximo 11 de decembro en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 17.30 horas terá lugar o workshop “Como vender na gran distribución” que o Clúster Alimentario de Galicia organiza en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) nas instalacións do edificio FEUGA (Lope Gómez de Marzoa, s/n Campus Vida, Santiago de Compostela).

A xornada formativa, que estará impartida por Natalia Campos, analista retail knowledge de AECOC, e Marta Munné, consultora shooper view de AECOC, abordará os seguintes temas:

  • Contexto económico do gran consumo e evolución dos sectores e distribuidores
  • Claves para vender á distribución e xestionar contas
  • Estratexias comerciais dos principais distribuidores nacionais
  • Análises das principais características do comprador e a súa valoración na experiencia de compra

O custo de devandito workshop é de 275€. Existe desconto para varios asistentes dunha mesma empresa. O número de prazas é limitado e a realización da xornada formativa está suxeita a un número mínimo de participantes.

Información sobre as formadoras

As dúas persoas de AECOC que impartirán a formación teñen ampla experiencia traballando coa gran distribución no mercado nacional. Marta Munné leva anos desenvolvendo estudos de mercado sobre o comprador de gran consumo e como valora a experiencia de compra nos distribuidores nacionais e rexionais. No caso de Natalia Campos, estivo 5 anos traballando nun distribuidor e agora leva ano e medio no equipo de retail knowledge, onde imparte varios cursos ao ano. Tamén realiza varias entrevistas á distribución para realizar informes detallados sobre as súas estratexias comerciais para que os fabricantes poidan traballar de maneira máis eficiente con eles.

PROGRAMA

INSCRÍBETE