×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

As xornadas formativas “Panorama da lexislación aplicable a envases alimentarios e implicacións en seguridade alimentaria” organizadas polo Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración con Sigillum Knowledge Solutions realizaranse o 29 de novembro e 13 de decembro en horario de 9.30 a 14 horas.

Ditas sesións permitirán coñecer a lexislación da UE aplicable á seguridade dos envases alimentarios, as implicacións da seguridade dos envases para a industria alimentaria e as principais diferenzas entre a lexislación europea, chinesa e estadounidense, combinando sempre os coñecementos teóricos con casos prácticos.

Marta Álvarez, responsable da área de produtos de consumo de Sigillum Knowledge Solutions e Seila Leiras, consultora senior de Sigillum Knowledge Solutions, serán as encargadas de impartir estas sesións que terán lugar nas instalacións desta empresa (Restollal, 32, 15702 Santiago de Compostela).

O prezo de inscrición ás dúas xornadas é de 150€ e o dunha única sesión 90€. O número de prazas é limitado e a realización das xornadas formativas está suxeita a un número mínimo de participantes.

Sobre Sigillum Knowledge Solutions e as formadoras

Sigillum Knowledge Solutions é unha empresa especializada en asesorar sobre sustentabilidade, saúde e seguridade de produto en todo o ciclo de deseño-manufactura-comercialización-uso-fin de vida de artigos de consumo, incluídos os materiais en contacto con alimentos.

Marta Álvarez Casas é a responsable da área de produtos de consumo de Sigillum Knowledge Solutions. Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos e Enxeñeira Técnica Agrícola pola Universidade de Vigo e Doutora en Química Analítica pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu a súa carreira de investigación no campo da alimentación nos departamentos de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía das Universidades de Santiago de Compostela e Vigo. Desde 2014 traballa como asesora científica para a empresa privada no ámbito dos materiais en contacto cos alimentos e outros produtos de consumo.

Pola súa banda, Seila Leiras Fernández é consultora senior na área de produtos de consumo de Sigillum Knowledge Solutions. Licenciada en Química e Doutora en Química Orgánica pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu a súa carreira de investigación na área de materiais poliméricos. Desde 2016 leva a cabo labores de asesora científica no ámbito de materiais en contacto con alimentos e outros produtos de consumo.

PROGRAMA

INSCRÍBETE