Aberta a convocatoria de solucións de circularidade do proxecto C- VoUCHER para apoiar a pemes no desenvolvemento e aplicación de solucións de economía circular

A convocatoria de solucións de circularidade do proxecto C- VoUCHER ten por obxectivo conceder servizos a empresas por un valor de ata 60.000 € para que implementen solucións de economía circular nos seus negocios.

Os beneficiarios da convocatoria serán pemes activas nos dominios de agroalimentario, saúde, crecemento azul, téxtil e de fabricación, que desexen definir novas solucións de circularidade que lles permitan transformar as súas cadeas de valor lineais en circulares mediante algúns dos seguintes bloques de construción:

  • Simbiose industrial
  • Eficiencia dos recursos materiais
  • Fuentes de enerxía renovables e eficiencia enerxética
  • Produto biolóxico
  • Extensión do ciclo de vida do produto
  • Economía de rendemento
  • Economía compartida
  • Economía de plataforma

O apoio concedido polo programa de circularidade ás pemes seleccionadas incluirá ata 60.000 € divididos en dous partes:

a) unha cantidade fixa de 2.000 € por peme para asistir a C- VoUCHER Bootcamp
b) 58.000 € para a transformación, implementación tecnolóxica e innovación empresarial, achegando os beneficios da economía circular ás empresas. Esta fase, de ata 9 meses de duración total, ofrece os seguintes servizos:

  • Ata 9 meses de servizos de mentoría cun experto que apoie a fase creativa do desenvolvemento do plan de viabilidade
  • Ata 6 semanas de servizos de apoio para identificar máis financiamento mediante sesións de adestramento con expertos en financiamento público e privado

Como participar?

Calquera peme europea establecida nun estado membro da Unión Europea ou en países asociados e activa nos ámbitos agroalimentario, saúde, crecemento azul, téxtil e de fabricación pode enviar a súa proposta a través da web de C- VoUCHER.

data límite de presentación é o 7 de enero de 2020 ás 17 horas CET. Cada solicitante pode presentar unha única proposta.

Event Schedule Details

  • 7 Xaneiro 2020
Compartir
Engadir ao Calendario