Convocadas as axudas do Igape Galicia Exporta Dixital

Convocadas as axudas do Igape Galicia Exporta Dixital

Event Date

25 Maio 2020

Event Description

Co obxectivo de apoiar ás empresas galegas no desenvolvemento e implementación dun plan de internacionalización dixital, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca as axudas Galicia Exporta Dixital.

Que gastos cobre a axuda?

Poderán ser subvencionales os seguintes tipos de gastos:

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.

b) Plans de internacionalización dixital multicanle.

c) Plans de mercados electrónicos concretos.

d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B. Software de:

a) Solucións tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management).

b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs).

c) Solucións de analítica e visualización de datos.

d) Solucións de intelixencia automatizada.

e) Solucións de inbound marketing internacional.

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación de tendas e catálogos online.

b) Campañas de posicionamento SEM.

c) Servizos de call center internacionais.

Quen pode solicitar a axuda?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Estar dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013.

c) Estar ao día dos seus deberes coa Facenda Pública estatal, coa comunidade autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

Contía das axudas

Só poderase presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo igual ou superior a 25.000 euros e máximo de 125.000 euros por empresa.

A subvención será dun máximo do 80% dos gastos subvencionables, coa seguinte distinción dependendo do tipo de empresa solicitante:

a) Pemes: 80%

b) Empresas con ata 500 empregados: 70%

c) Empresas con máis de 500 empregados: 60%

Datas e procedemento de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes da primeira convocatoria finaliza o 24de marzo. Pola súa banda, a segunda convocatoria poderá ser solicitada do 25 de marzo ao 25 de maio.

Ditas solicitudes deben facerse a través da páxina web tramita do Igape.

WhatsApp