O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) publicou o 29 de xaneiro de 2020 as bases das “Accións de Promoción Exterior Das Empresas Galegas (Galicia Exporta Empresas 2020)”, cuxo obxectivo é incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das entidades da comunidade nos mercados internacionais.
O Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións:
a) Accións de difusión.
b) Accións de promoción.
c) Accións de prospección en mercados internacionais.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na comunidade autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
A subvención será do 70% dos gastos subvencionables. Para as accións incluídas na convocatoria a subvención máxima será de 91.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 130.000 euros).
O prazo de presentación de solicitudes foi ampliado ata o 17 de xullo de 2020.
A solicitude da axuda debe facerse a través da páxina web do IGAPE.