Webinar Informativo | Como poden as empresas alimentarias aproveitar os Certificados de Aforro Enerxético

Na actualidade, a busca da eficiencia en termos enerxéticos é un dos temas máis relevantes para as empresas alimentarias, de cara a ser máis sostibles e competitivas.  Por iso Clusaga, en colaboración coa súa asociada SGS, organiza este webinar informativo o vindeiro 4 de abril, ás 9.30 horas.

Nel abordaranse aspectos como a eficiencia e a auditoría enerxética, posibles actuacións e aforros. Ademais, introducirase o Sistema de Certificados de Aforro Enerxético (CAE) e explicarase quen son os axentes do sistema e o seu papel.  Alén, realizarase unha breve aproximación a posibles actuacións no entorno industrial alimentario, xunto cos requisitos para solicitar os CAEs relacionados coas medidas de aforro enerxético.

Casos prácticos de cálculo do aforro enerxético e retorno da inversión

De xeito complementario ao webinar, o 25 de abril, en Santiago de Compostela, celebrarase un Almorzo Informativo titulado “Casos prácticos de cálculo do aforro enerxético e retorno da inversión”, que servirá para ampliar os coñecementos adquiridos no webinar a través de exemplos reais.

Para participar no webinar do 4 de abril é preciso inscribirse a través deste formulario, no que tamén está dispoñible a preinscrición no Almorzo Informativo do 25 de abril. A inscrición ao webinar permanecerá aberta ata as 15.00 horas do xoves 3 de abril. Para máis información, pode consultar o programa completo ou contactar con Clusaga no teléfono 682 616 021 ou no correo circular@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 4 Abril 2024
Compartir
Engadir ao Calendario