O proxecto Net4Food busca establecer unha rede de excelencia alimentaria na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, promovendo a innovación e sustentabilidade no sector alimentario. A rede está aliñada coa creación do Iberian FoodTec Lab, un laboratorio de referencia internacional no sector alimentario na Unión Europea.
Os obxectivos do proxecto inclúen fortalecer as capacidades científicas e innovadoras no sector, aliñar retos de investigación cunha Axenda de Innovación e Investigación ou promover accións innovadoras e transferencia de coñecemento ao mercado mediante medidas coma Bancos de Innovación Aberta e Bancos de Boas Prácticas.
Para lograr estes obxectivos, levaranse a cabo diversas actividades, como analizar e sistematizar o coñecemento innovador, establecer unha estrutura sólida de funcionamento para asegurar continuidade, facilitar a interconexión entre os axentes de I+D+i alimentario, impulsar capacidades innovadoras do ecosistema investigador mediante formación e interacción co sector empresarial e xestionar o proxecto de maneira holística.
Net4Food é un proxecto europeo financiado por Interreg POCTEP, no cal o Cluster Alimentatio de Galicia (Clusaga) participa como socio. O consorcio, coordinado polo Instituto Politécnico de Bragança, tamén inclúe 7 organizacións da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, incluíndo a Universidade de Vigo e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía, así como o clúster Portugal Foods, e os laboratorios colaborativos MORE e Aqua Valor.
Obxectivos e actividades de Net4Food
Os obxectivos específicos inclúen:
- Crear unha estrutura básica de funcionamento para asegurar a viabilidade a longo prazo do proxecto.
- Artellar novos procesos de transferencia entre os axentes de I+D+i alimentario na Eurorrexión para xerar sinerxías e novos produtos.
- Impulsar as capacidades innovadoras do ecosistema investigador a través de formación e conexións co sector empresarial.
- Implementar un sistema de xestión holístico para asegurar o éxito das actividades do proxecto.
- Involucrar aos axentes do sector e visibilizar as súas accións e ferramentas xeradas.
- Posicionar o ecosistema e os seus axentes a nivel internacional e ampliar o seu alcance cara novos grupos.