Convocatoria de contratación de servizos técnicos de apoio ao programa Next Generation Galicia Food

Convocatoria de contratación de servizos técnicos de apoio ao programa Next Generation Galicia Food

Event Date

10 Xaneiro 2023

Event Time

11:59 p.m.

Event Description

O período de presentación de candidaturas para a contratación de servizos técnicos de apoio finaliza o próximo 10 de xaneiro de 2023, ás 14 horas.

 No marco do convenio para o funcionamento dunha oficina técnica xestora dos proxectos integrados no programa Next Generation Galicia Food entre o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convócase a contratación de servizos técnicos de apoio para a anualidade 2023.

O obxecto de dito contrato é a prestación de servizos na oficina técnica para dar apoio á xestión de proxectos integrados no programa Next Generation dentro do sector alimentario, en particular na convocatoria do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica Agroalimentario (PERTE Agroalimentario). Ditos servizos materialízanse nas seguintes tarefas:

  • Asistencia e soporte ás empresas e entidades na preparación, tramitación e presentación de propostas de proxectos de interese, en concorrencia ás correspondentes convocatorias e instrumentos de implementación do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, en particular na convocatoria do PERTE Agroalimentario.
  • Apoio na tramitación técnica e administrativa das propostas presentadas definidas como estratéxicas para impulsar proxectos aliñados co Programa Next Generation Galicia Food.
  • Seguimento e avaluación do programa, baseado nos proxectos desenvolvidos.

O prazo de presentación de candidaturas estará aberto entre o 2 e o 10 de xaneiro de 2023.

O obxectivo do programa Next Generation Galicia Food é transformar o tecido empresarial do sector mediante unha transición tecnolóxica, dixital e ecolóxica baseada na innovación e o desenvolvemento de procesos de fabricación e produtos saudables, innovadores e sustentables que redunde nunha industria xeradora de emprego de calidade, servindo de mecanismo de áncora duradeira no territorio.

Presentación de solicitudes

Máis información da convocatoria e dos pregos administrativos e técnicos da contratación en info@clusaga.org

Expired
This event has ended
Ended on 10 Xaneiro 2023 11:59 p.m.
Tickets sold 0
WhatsApp