FOOD UPCYCLING. Innovando a partir de subprodutos e desperdicio alimentario

O food upcycling (reciclaxe de alimentos) é unha tendencia que consiste en crear produtos de calidade a partir de excedentes, minguas, subprodutos ou produtos alimentarios que non cumpran os estándares comerciais.

Esta tendencia, que contribúe a reducir o desperdicio alimentario, atópase nas súas primeiras etapas, pero a medida que a sociedade se volve máis sensible á sustentabilidade na produción alimentaria e no seu consumo, máis empresas alimentarias se incorporan a esta tendencia.

Tendo en conta o anterior, o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que ten por misión impulsar a sustentabilidade das empresas do sector, organiza a xornada “FOOD UPCYCLING. Innovando a partir de subprodutos e desperdicio alimentario”. O encontro terá lugar o vindeiro 10 de novembro na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en horario de 9.30 a 14.00 horas.

Esta xornada enmárcase no Grupo de Traballo 3 “Sustentabilidade, economía circular e bioeconomía”​ de Clusaga, conxunto entre a Comisión de Innovación e I+D e a Comisión de Sustentabilidade. Este grupo de traballo pretende facilitar espazos de networking e a xeración de ideas de innovación colaborativa entre os axentes do ecosistema de innovación galego con intereses nestas temáticas.​

Programa

O programa está dividido en tres sesións e dous talleres. As sesións, de 40 minutos de duración, levan por título “Oportunidades e condicionantes para o food upcycling”, “Avances na I+D cara o food upcycling” e “Exemplos de casos empresariais en food upcycling”. A continuación, os asistentes á xornada poderán participar nun dos dous talleres ofertados, se así o desexan. Os obradoiros entre os que poden escoller abordan ou ben o ecodeseño de produtos alimentarios a partir de side streams, ou ben a análise de Ciclo de Vida coma ferramenta.

Inscrición

Para participar nesta xornada presencial a inscrición previa é requerida, e pode levarse a cabo a través do seguinte formulario. Para máis información, pode consultar o progama da xornada ou ben contactar con Clusaga no teléfono 881 023 853 ou no correo industria@clusaga.org.

Event Schedule Details

  • 10 Novembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario