Aberta convocatoria do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI)

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo abriu a nova convocatoria do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI), que ten como obxecto mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas.

Beneficiarios

As AEIs que se encontren inscritas no Rexistro de Agrupacións Empresariais Innovadoras do Mincotur (caso de Clusaga), e para as actuacións en colaboración, ademais destas, tamén os membros das mesmas.

Tipos de actuacións

  • Liña 1. Actuacións de apoio ao funcionamento de Agrupacións Empresariais Innovadoras, para AEI incipientes.
  • Liña 2. Estudos de viabilidade técnica, enfocados na definición de proxectos destinados a ser presentados a futuras convocatorias dos seguintes programas: (i) o programa de AEIs a través da Liña 3 de “Proxectos de Tecnoloxías Digitais”; (ii) Horizonte Europa.
  • Liña 3. Proxectos de Tecnoloxías Digitais, nas seguintes categorías (i) Actividades de investigación industrial; (ii) Actividades de desenvolvemento experimental; (iii) Innovación en materia de organización; (iv) Innovación en materia de procesos.

Temáticas – Estratexia de Industria Conectada 4.0

  • Aplicacións de xestión intraempresa/interempresa na industria manufactureira: Solucións de negocio e intelixencia; plataformas colaborativas.
  • Comunicacións e procesamento masivo de datos na cadea de valor do sector manufactureiro: Solucións de fabricación que abordan métodos, ferramentas de desenvolvemento para sistemas intensivos en datos e/ou aplicacións altamente distribuídas; sistema de visualización e integración de datos.
  • Procesos de fabricación: fabricación aditiva; robótica avanzada; sensores e sistemas embebidos.

Características dos proxectos colaborativos

  • Socios: ata 10 socios (incluíndo a AEI). A contribución de cada participante debe ser superior ao 10%. As axudas a grandes empresas só serán compatibles se colaboran efectivamente con pemes e se as pemes soportan un mínimo do 30% del total dos custes subvencionables.
  • Prazo de execución: 10 meses
  • Gastos subvencionables: (i) Gastos de persoal técnico directamente involucrado (grupos de cotización 1-3) (ii) Colaboracións externas (servizos de consultaría e asistencia) (iii) Viaxes interurbanas e aloxamento.

Axuda

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

As contías e intensidades de axuda máximas (segundo última convocatoria) son as seguintes dependendo do tipo de actuación e do tipo de organización.

  • Liña 2: Poderanse subvencionar ata o 50% dos gastos subvencionables, ata un importe máximo de 75.000 euros. Este límite poderá incrementarse ata os 100.000 euros se participan 2 ou máis AEI.
  • Liña 3, investigación industrial: a subvención que poderá percibir cada beneficiario poderá alcanzar o 50% da súa base subvencionable. Esta porcentaxe poderá incrementarse nos seguintes casos ata un máximo do 80% dos custos subvencionables: (i) En 10 puntos porcentuais no caso de que o participante sexa unha empresa mediana; (ii) En 20 puntos porcentuais no caso de que o participante sexa unha pequena empresa; (iii) En 15 puntos porcentuais no caso de que os resultados do proxecto teñan unha ampla difusión a través de conferencias, publicacións, bases de datos de libre acceso ou software libre ou de código aberto.

Ata un importe máximo de 2.500.000 euros. Este límite poderá incrementarse ata os 3.000.000 euros, se participan 2 ou máis AEI, incluída a AEI solicitante, ou se participan 3 ou máis pemes.

  • Liña 3, desenvolvemento experimental: a subvención que poderá percibir cada beneficiario poderá alcanzar o 25 % da súa base subvencionable. Esta porcentaxe poderá incrementarse nos seguintes casos ata un máximo do 60 % dos custos subvencionables: (i) En 10 puntos porcentuais no caso de que o participante sexa unha empresa mediana; (ii) En 20 puntos porcentuais no caso de que o participante sexa unha pequena empresa; (iii) En 15 puntos no caso de que os resultados do proxecto teñan unha ampla difusión a través de conferencias, publicacións, bases de datos de acceso aberto ou software libre ou de código aberto.

Ata un importe máximo de 1.000.000. Este límite poderá incrementarse ata os 1.500.000 euros, se participan 2 ou máis AEI ou se participan 3 ou máis pemes.

  • Liña 3, actividades de innovación en materia de organización e en actividades de innovación en materia de procesos: a subvención que poderá percibir cada beneficiario poderá alcanzar o 50% da súa base subvencionable no caso das pemes, e o 15% no caso das grandes empresas, sempre que as grandes empresas colaboren efectivamente coas pemes e se as pemes leven un mínimo de 30% do total dos custos subvencionables.

Ata un importe máximo de 500.000 euros. Este límite poderá incrementarse ata os 550.000 euros se participan 2 ou máis AEI, ou se participan 3 ou máis pemes.

Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 29/06/2022 ata o 26/07/2022.

Detalles da programación de eventos

  • 26 Xullo 2022
Compartir
Engadir ao Calendario