Webinar. Alimentación infantil: oportunidades e tendencias nun mercado de futuro

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza, en colaboración, con The Modern Kids & Family, KID’S CLUSTER e Smileat o xoves, 4 de febreiro, de 9.30 a 11 horas o webinar “Alimentación infantil: oportunidades e tendencias nun mercado de futuro”.

E é que a xeración de nenos e adolescentes de hoxe en día suporá, xunto aos seus pais, preto do 50% da renda bruta mundial en 2025. Un dato que pon de manifesto a importancia deste mercado para o sector da alimentación e as bebidas e a necesidade de adoptar estratexias de innovación e comercialización para adaptarse ás demandas deste segmento poboacional.

Nesta sesión online Anna López, directora de KID’S CLUSTER abordará as oportunidades estratéxicas que a industria alimentaria ten nesta poboación infantil. Pola súa banda, Miguel González-Durán, CEO de The Modern Kids & Family, analizará as claves da mercadotecnia para adaptarse ás demandas de consumo dos nenos e as familias.

Ademais, Marta Frutos e Roberto Alonso, analista de mercados e xerente de Clusaga, respectivamente, explicarán as tendencias existentes en produtos alimentarios infantís e Cristina Tenorio, mercadotecnia directora de Smileat, compartirá un caso de éxito neste ámbito.

As persoas interesadas en asistir ao webinar deben rexistrarse a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse”, que aparece a continuación.

INSCRIBIRSE

Detalles da programación de eventos

  • 4 Febreiro 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario