Webinar: Como adaptar a túa estratexia de marketing ao impacto da COVID-19 no sector alimentario

En colaboración coa axencia de marketing dixital Roi Scroll, o Clúster Alimentario de Galicia organiza o martes, 7 de abril, a partir das 9.30 horas o webinar “Como adaptar a túa estratexia de márketing ao impacto da COVID-19 no sector alimentario”.

A situación xerada polo coronavirus está a provocar cambios nos hábitos de consumo e comportamento da sociedade. E para enfrontarse a esta realidade sen precedentes, as marcas do sector deberán adaptar a súa mensaxe e estratexia se queren achegar valor á sociedade e cubrir as súas novas necesidades.

Neste webinar, Uxía Fontán, social media e inbound marketing director dixital de Roi Scroll abordará que pasos deben dar as empresas do sector alimentario tras o coronavirus, desde o punto de vista do márketing, a comunicación e a transformación dixital, para dar resposta aos novos hábitos de consumo.

Uxía Fontán, experta en marketing dixital

Uxía Fontán é social media e inbound marketing director dixital en Roi Scroll, unha axencia de marketing dixital especializada nas áreas inbound marketing, social media, influencers marketing, performance, creatividade e data driven marketing, que traballa para grandes e medianas marcas de diversos sectores, destacando o sector da alimentación.

O prezo do webinar para entidades non socias de Clusaga e a Agrupación industrial de Comunicación de Galicia é de 10€+IVE/IVE.

 

Detalles da programación de eventos

  • 7 Abril 2020
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario