Webinar. Oportunidades de colaboración en I+D con Francia. Presentación da rede internacional Eureka

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza o 11 de maio ás 16 horas, en colaboración con Valorial, asociación para a innovación agroalimentaria de Francia, un webinar para atopar oportunidades de colaboración en I+D entre ambos os países e presentar a rede internacional Eureka.

Esta rede internacional, establecida en 1985, está presente en máis de 45 países co obxectivo de fomentar a competitividade e integración europeas e a cooperación en I + D. As organizacións francesas e españolas que participan en proxectos internacionais de I + D poden optar a financiamento, a través dos seus programas Network, Globalstars, Eurostars e Clusters.

A sesión online, que se desenvolverá integramente en inglés, comezará coa presentación das oportunidades para proxectos de I+D no marco da rede Eureka, especialmente a convocatoria bilateral España-Francia aberta actualmente. Serán Nolwenn Simonot, do Banque publique d’investissement (Bpifrance), e Alicia García, do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), os encargados de abordalo. Ambas as entidades son o punto de contacto en Francia e España da rede Eureka, para as organizacións interesadas en establecer colaboracións internacionais.

Posteriormente, realizarase un pitching onde empresas socias de Clusaga e de Valorial presentarán as súas liñas de traballo e intereses en I+D co obxectivo de identificar oportunidades de colaboración. Nel participarán entidades dos diferentes sectores alimentarios.

As persoas interesadas en inscribirse a este webinar, poden facelo a través do formulario que atoparán facendo clic no botón “inscribirse” que aparece a continuación. A sesión é de carácter exclusivo para entidades socias de Clusaga.

Detalles da programación de eventos

  • 11 Maio 2021
Programa
Compartir
Engadir ao Calendario