×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Premio Galicia Alimentación á estratexia de mercado e internacionalización, está dirixido a galardoar o esforzo de empresas e organizacións da industria de alimentación e bebidas para acceder, desenvolver e consolidar a súa posición no mercado nacional e internacional. Valorarase a innovación na estratexia de mercadotecnia e internacionalización, a evolución e dinamismo e o desenvolvemento do seu plan de mercadotecnia para o posicionamento en novos nichos e a orientación ao consumidor, adaptándose ás novas tendencias de consumo.

Este premio foi outorgado na primeira Edición do 2015 ao Consello Regular da Denominación de Orixe Rías Baixas polo seu carácter cooperativo entre as 180 bodegas que o constitúen, a súa tendencia de crecemento constante e consolidación nas vendas no exterior e pola súa labor da promoción da calidade.

Na segunda Edición 2016, o premio foi concedido a Torre de Núñez, compañía con 50 anos de historia dedicada á elaboración tradicional e artesanal de xamón e embutidos de orixe galego, pola seu alto potencial de crecemento nun curto prazo de tempo e a súa contribución á promoción da calidade e á imaxe dos produtos tradicionais galegos no exterior.

Na terceira Edición 2017 a empresa galardoada co premio foi Ingapan, unha empresa familiar dedicada á fabricación de masas conxeladas, especializada en empanadas galegas, pans de orixe, pratos de quinta gama e pastelería selecta. Comeza a súa actividade en 1959 cun pequeno obradoiro de pan en Lugo, chegando a ser líder no seu sector en España e Portugal e con presenza en 19 países.