×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

AEI Clúster Alimentario de Galicia ( CLUSAGA) junto a la participación de Fundació Eurecat y Universidade de Santiago de Compostela - Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (USC- APLTA) organizan el tercer workshop: Innovación en alimentos e nutrición infantil desde un entorno colaborativo virtual.

Neste workshop presentarase o apartado final do proxecto iAlimentec, que remata neste mes de marzo. Permitirá presentar as conclusións do proxecto innovación en alimentos e nutrición infantil desde unha contorna colaborativa virtual ialimentec, que ten como finalidade desenvolver alimentos mellorados, adaptados á demanda e necesidades do segmento de poboación infantil, máis saudables, que repercutan positivamente no seu benestar e calidade de vida.

A nivel aplicado o proxecto permitiu o desenvolvemento a nivel piloto de novos ou mellorados produtos alimentarios, incorporando as demandas, preferencias e necesidades específicas da poboación infantil no ámbito da alimentación, saúde e nutrición.

Así mesmo o proxecto, busca a creación dunha rede estable (plataforma virtual de innovación) de empresas alimentarias, de ingredientes alimentarios, de distribución e Horeca, organizacións de consumidores, con organismos públicos, centros de coñecemento para a realización de actividades innovadoras e de desenvolvemento industrial no ámbito da alimentación e nutrición infantil.

Inscrición Programa