×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea (Grupo de Competencia e Desenvolvemento Rexional na UE) da Universidade da Coruña organizan o Workshop: Food & Beverage Marketing Trends on the edge of 2020. Helping companies make what people want to eat impartido por John Stanton, profesor de Marketing na St. Joseph University.

Nos últimos 25 anos John Stanton empregou a súa paixón pola alimentación para desenvolver unha exitosa actividade profesional tanto no ámbito académico como empresarial. O Dr. Stanton é profesor de marketing alimentario na Universidade de Saint Joseph's e experto recoñecido internacionalmente en marketing.

O dinamismo das presentacións de John Stanton levouno a ser un demandado orador recoñecido en máis de 20 publicacións internacionais. O fío condutor do seu discurso xira en torno á máxima de que “O marketing alimentario é simple, consiste en facer o que a xente quere comer - non obrigar á xente a comer o que queres elaborar”.

O Dr. Stanton actuou como consultor para varias empresas do sector alimentario entre as que se atopan Campbell Soup Company, Procter & Gamble, Frito Lay, ou Kellogg. Ademais do seu traballo na Universidade, o Dr. Stanton ofreceu a súa experiencia para empresas como Tenglemann ou Melitta, onde foi vicepresidente de marketing.

A súa representatividade nos medios levouno a ser entrevistado en medios tan relevantes como a CNN, Today Show e NBC Nightly News e ser citado en publicacións como Forbes, Fortune, Brand Week, New York Times e Wall Street Journal. Algunhas das súas publicacións son “Stantonon Food Marketing”, “Making Niche Marketing Work” , “Marketing Planningin a Total QualityEnvironment”, en colaboración con Robert Linneman. Asemade, e coautor con Richard George de obras como “Delightful Customer Service: 12 Steps to a Better Bottom Line”, “Success Leaves Clues”, “A Focus Group Guide for Supermarkets”.

A inscrición pode facerse a través do seguinte formulario ou no 981556062 e info@clusaga.org

Inscrición Programa