Agrovoltech é un proxecto estratéxico de investigación industrial en torno a tecnoloxías agrovoltaicas, que se centra no estudo e análise de sensores agronómicos e novos algoritmos intelixentes e o emprego das últimas tecnoloxías en IoT e servizos en Cloud.
A través deste novidoso concepto de sistema agrovoltaico intelixente e compatible con cultivos e colleitas sensibles aos cambios climatolóxicos, o proxecto pretende asegurar o subministro de materia prima na industria alimentaria, facendo fronte aos efectos do cambio climático que podan mermar a súa capacidade produtiva e comprometer a súa viabilidade.
O proxecto despregará unha complexa rede sensórica que permitirá obter información en tempo real sobre o estado do cultivo. Esta información será interpretada e analizada, á súa vez, polos algoritmos intelixentes grazas aos modelos vexetais desenvolvidos previamente e será o propio sistema o que determine as acciones a levar a cabo para garantir un óptimo desenvolvemento do cultivo.
Con todo isto, preténdese dar o paso cara a modernización do sector agroalimentario e o manexo integrado dos medios de produción a través do emprego da agricultura de precisión, xestionado as parcelas agrícolas sobre a base da observación, a medida e a actuación fronte á variabilidade inter e intra cultivo.
O consorcio do proxecto está coordinado polo Clúster de Energía del País Vasco e conformado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), unha compañía TIC (LIBELIUM), unha startup tecnolóxica (POWERFULTREE) e unha empresa especializada en consultaría en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade (PISA). Agrovoltech recibe financiamento da convocatoria 2023 do programa de apoio ás Agrupaciones Empresariales Innovadoras (AEI) do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.