O proxecto HIGHFIVE “enHancing dIgital and Green growtH in the Food processing industry via Interregional innoVation invEstments” busca apoiar e facilitar a implementación de solucións dixitais en pemes de procesamento de alimentos, a través de investimentos interrexionais en innovación para acelerar a transición dual (dixital e verde) en Europa.
HIGHFIVE ten un orzamento de máis de 11 millóns de euros e conta co apoio do instrumento europeo Interregional Innovation Investments (I3), que ten como obxectivo promover a innovación a través da especialización intelixente e a colaboración interrexional.
Objetivos específicos de HIGHFIVE
Os obxectivos específicos de HIGHFIVE inclúen:
- Despregar unha carteira de proxectos de implementación impulsados pola industria que servirán como casos de demostración e proporcionarán valiosas leccións aprendidas tanto para os socios do clúster como para outras pemes.
- Aplicar un sistema de cheques, mediante fondos cascada, para financiar proxectos de investimento en innovación de pemes nas rexións participantes.
- Proporcionar accións de apoio individuais e colectivas personalizadas que lles permitan ás pemes superar os obstáculos relacionados coa aplicación de tecnoloxías dixitais innovadoras.
- Extraer os resultados e as leccións aprendidas ao longo das actividades do proxecto e valorizalos dentro da rede SS4AF e transferilos a outras partes interesadas europeas.
Socios do proxecto
O consorcio HIGHFIVE está coordinado polo clúster Flanders Food e inclúe máis de 20 socios, representando 39 rexións de 9 países europeos. Desde Galicia participan Clusaga e ITG.
Tanto as rexións máis desenvolvidas como as rexións en transición e en desenvolvemento beneficiaranse das accións e os resultados do proxecto. HIGHFIVE reforza a cooperación entre estas rexións e contribuirá a unha cadea de valor alimentaria europea máis forte e a un sector alimentario europeo máis dixital, sustentable e resiliente.
Todos os socios do proxecto son membros da Partnership Smart Sensors 4 Agrifood (SS4AF).
Proxectos impulsados por HIGHFIVE
Os proxectos apoiados incorporan varias tecnoloxías avanzadas, incluíndo Intelixencia Artificial (IA), sistemas de sensores e algoritmos preditivos. Case todos os proxectos teñen como obxectivo mellorar a calidade dos alimentos e a eficiencia operativa.
Concretamente, os proxectos que se están levando a cabo en Galicia son os seguintes:
- PREVAI - Predición da demanda baseada en IA para a optimización da fabricación de queixos crema, levado a cabo por Innolact (Quescrem) e TripleAlpha
- CREAMSENSE - Sensórica avanzada para mellorar a valorización da crema de soro de leite, realizado por Queizuar, no cal tamén colabora ANFACO-CECOPESCA
- BUPAIC - Automatización de produción de manteiga con control en liña, promovido por Glaücor Ingeniería, en colaboración con AOTECH
- Tech4RedWines - Sistema de fermentación sensorizado para viños tintos autóctonos, que será implementado por Bodegas Casa Montepío, en colaboración con ANFACO-CECOPESCA
- Smartz4Can - Dixitalización das pemes da industria conserveira de peixes e mariscos, no cal traballarán por ASM Soft e Conservas Lago Paganini
- Mayo-Q - Solución de IoT para a avaliación da calidade en tempo real da maionesa, que levarán a cabo AOTECH Galicia en colaboración con Cidacos.