O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) asinou un acordo de colaboración con Claire Global, un marketplace para empresas do sector da alimentación desenvolvido cun software baseado en intelixencia artificial e machine learning, que lles axuda a conectar, vender e comprar os seus produtos en todo o mundo de maneira máis rápida e sinxela.
Este acordo permitirá aos socios de Clusaga gozar de beneficios no acceso dos seus produtos á plataforma. Para facer uso deste servizo, as empresas que estean interesadas deben solicitar a información sobre como facelo no email info@clusaga.org.
Algunhas das vantaxes que ofrece Claire Global ás empresas do sector alimentario son:
Pola súa banda, os mercados target prioritarios cos que opera este marketplace son: Unión Europea, Reino Unido, Rusia, Latinoamérica, EE.UU., Canadá, China, Xapón, Corea do Sur e Emiratos Árabes Unidos.
Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre este acordo, os socios de Clusaga poden escribir un email a info@clusaga.org.
MÁIS INFORMACIÓN