𝐈𝐍𝐓𝐄𝐑𝐓𝐄𝐂𝐇𝟒.𝟎 pretende crear unha plataforma colaborativa que impulse a dixitalización das empresas, dende o diagnóstico e folla de ruta do plan de transformación dixital ata a conexión oferta-demanda e o acompañamento.
Este proxecto, de carácter transversal e intersectorial, ten como obxectivo mellorar a competitividade da industria manufactureira de Galicia, e está financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo no marco da súa convocatoria de apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs)
As entidades que acompañan ao Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) no consorcio de este proxecto son as AEIs DIHGIGAL e CEAGA, e as pemes INOVALABS, DIGITAL S.L , IMATIA INNOVATION S.L. e BIONIX SUPPLYCHAIN TECHNOLOGIES S.L.U.
Este proxecto é unha ferramenta potente e polivalente para incrementar de forma positiva e eficaz a interacción entre a oferta tecnolóxica e a demanda industrial de Galicia, potenciando así a dixitalización do ecosistema.