Un dos obxectivos do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) é mellorar o posicionamento das empresas alimentarias galegas nos mercados internacionais. Por este motivo, apoiado pola convocatoria IG208 do Instituto Galego de Promoción Económica, organizou unha misión comercial inversa de Irlanda e Portugal os días 1 e 2 de febreiro.
Esta iniciativa permitu ás empresas Central Lechera Gallega, Clavo Food Factory, Cooperativa Campo Capela, El Nogal, Embutidos Montepicato, Entrepinares, Lugar Da Veiga, Torre de Núñez, Viña Costeira, Mieles Anta, Real Conservera, Costas y Miñán e Fesba estreitar relacións comerciais con tres importadores procedentes de Irlanda (Vera Foods, Lotts & Co Grocery) e Portugal (Fábricas Lusitana)
A misión, organizada pola Área de Mercados e Internacionalización do Clúster, levouse a cabo a través de dúas modalidades. A primeira, que se extendeu ao longo da tarde do xoves, consistiu na organización de reunións cos importadores nas instalacións do AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela, onde as empresas participantes tiveron a oportunidade de xerar contactos e mostrar os seus productos. A segunda modalidade incluie visitas ás fábricas das empresas cos importadores, que se realizaron na xornada do mércores e a mañá do xoves.
Os distribuidores invitados foron os responsables de seleccionar as categorías de produto nas que estaban interesados, mentres que a Área responsable da internacionalización no Clúster encargouse de organizar as axendas en función das empresas que manifestaron interese en participar nesta acción de internacionalización.
Deste modo, a participación nestes encontros incluie tanto a confección dunha axenda personalizada, coma a difusión dos perfís das empresas entre os importadores invitados a través dun directorio de empresas, e supuxo unha oportunidade para que os asociados establecesen contactos e mellorasen as súas relacións internacionais, facilitando a proxección do sector alimentario de Galicia.