O proxecto INTERTECH4.0, financiado polo MINCOTUR a través da convocatoria de axudas de Apoio a Grupos Empresariais Innovadores (AEI), continúa traballando na súa tarefa de creación dunha plataforma intersectorial de solucións 4.0 e un viveiro de proxectos de dixitalización. Neste punto, os socios están a traballar nun mapeo dos recursos dixitais que se atopan na zona industrial de Galicia.
Entre as tarefas que se levarán a cabo nas próximas semanas destaca a categorización e catalogación dos recursos existentes nos sectores estratéxico e industrial de Galicia, como punto de partida para a elaboración do mapa. Ademais do contacto directo coas entidades de oferta e demanda tecnolóxicas para a validación destes recursos e o tipo de contacto que ambas partes terán dentro da plataforma.
O consorcio deste proxecto, integrado por Clusaga, CEAGA, DIHGIGAL, ACLUNAGA, Clúster TIC, Pisa – Proxectos de Innovación e TripleAlpha, organizará durante os próximos meses diversas actividades para definir os medios e coñecementos necesarios para a creación da plataforma intersectorial.