O proxecto europeo AgriFoodX5.0, no que participa o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), celebrou a súa primeira reunión presencial entre membros do consorcio en Santiago de Compostela, do 7 ao 8 de xuño de 2022.
O proxecto pretende mellorar a capacidade dos clústers e lograr a excelencia nos servizos prestados aos membros no ámbito da Industria 5.0. Ofrece, asimismo, oportunidades de participación en actividades internationais para empresas, tales coma participación en feiras, visitas a centros tecnolóxicos, a outros clústers e empresas, etc..
Durante o primeiro día deste evento organizado por Clusaga, os socios do proxecto revisaron as tarefas e actividades previstas e reflexionaron sobre os resultados acadados ata o momento, analizaron as actividades planificadas e repararon nos posibles riscos e desafíos aos que facer fronte.
O segundo día de reunión comezou cun Almorzo de Traballo coas partes interesadas doutros clústers, centros tecnolóxicos e organizacións de apoio á innovación de Galicia. A continuación, os participantes repasaron os temas relevantes en común, intercambiaron experiencias e esbozaron áreas de posible colaboración.
O proxecto AgriFoodX5.0, financiado polo Programa Europeo para a Competitividade das Pequenas e Medianas Empresas (COSME), conta coa participación de Clusaga, Food Products Quality Cluster, LITMEA, InovCluster e Lithuanian Innovation Center. No Almorzo acompañaron aos membros do consorcio representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Cónsul Honorario de Lituania en España, ANFACO-CECOPESCA, FEUGA, o Instituto Tecnolóxico de Galicia, Datalife (DIH) e o Clúster TIC Galicia.