Os socios do proxecto INTERTECH, co liderado de PISA, PROXECTOS DE INNOVACIÓN e a participación de DIHGIGAL , Clusaga, ACLUNAGA, CEAGA, CLÚSTER TIC finalizaron o deseño e puxeron en marcha do mapa interactivo de recursos dixitais INTERTECH 4.0. O obxectivo desta actividade foi definir e poñer en marcha o mapa interactivo de recursos dixitais incluíndo solucións de negocio, algoritmos para a conformación de novas solucións e calquera outro recurso dixital detectado nesta fase l do proxecto.
O traballo permitiu obter un mapa interactivo de recursos de transformación dixital intersectorial ordenados segundo as necesidades da demanda, así como un método de interacción entre oferta e demanda. Reiteramos o noso agradecemento ás empresas e profesionais que participaron nas mesas de traballo, sen os cales non sería posible lograr os obxectivos do proxecto.
Por outra banda, han concluído a creación dunha incubadora de proxectos colaborativos de TD e I+D+i. O obxectivo desta actividade foi poñer en marcha unha incubadora de proxectos colaborativos, tractores e intersectoriales, co fin de fomentar a actividade innovadora e a participación de todo tipo de empresas en proxectos de I+D+i en materia de dixitalización e industria 4.0.
Conseguindo definir unha carteira de proxectos individuais e consorciados de transformación dixital e industria 4.0 e unha metodoloxía de traballo para a rexeneración da carteira de proxectos e interacción oferta e demanda. Como foi habitual durante a execución do proxecto, contouse con numerosos profesionais que participaron en distintas mesas de traballo axudándonos a formar consorcios intersectoriales e transversais para a execución de proxectos tractores en materia de industria 4.0 e transformación dixital, interesados en solicitar axudas a convocatorias de financiamento. Así como proxectos individuais de alto impacto nos beneficiarios.