×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia é unha asociación liderada e dinamizada polas empresas produtoras e transformadoras de alimentos e bebidas, traballando xunto con centros tecnolóxicos, universidades e outros axentes relacionados co sector, coa finalidade de aproveitar todo o noso potencial para acadar o máximo impacto. Porque cremos que cunha adecuada organización, repensando as nosas relacións e estruturas, e executando accións conxuntas seremos máis competitivos nos mercados nacionais e internacionais.

Ao desenvolver unha visión e aplicala, podemos acadar un crecemento real nos próximos anos, facéndonos máis rendíbeis e sustentábeis. Mais temos ambicións maiores, construír unha marca, coma valor intanxible,asociada a Galicia, que sexa recoñecida e valorada internacionalmente como de excelencia en alimentos e bebidas.

O liderado do Clúster Alimentario de Galicia basease en transformar visións e plans en accións, atopando os medios, enerxía e talento, para desenvolver novas ideas e crear solucións prácticas aproveitando as oportunidades. O noso traballo é observar o panorama xeral, analizar os mercados, anticipar tendencias e establecer prioridades e estratexias de posicionamento no mercado. Impulsamos a cooperación, con acordos, redes e alianzas comerciais entre as empresas e proxectos conxuntos con outros axentes, ademais fomentamos a mellora da competitividade, a innovación e a internacionalización no sector.