×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Capital humano, emprendemento e avance cara á fábrica do futuro é un eixe dinamizador horizontal do Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia, en particular cos obxectivos de impulsar a creación de valor na cadea alimentaria de Galicia e mellorar a produtividade e sustentabilidade e avanzar cara á fábrica do futuro na industria alimentaria. As medidas a desenvolver corresponden a:

Medida 2.1. Mellora da formación e o capital humano

Medida 2.2. Fomento do emprendemento empresarial de carácter innovador

Medida 2.3. Optimización de procesos e avance cara á Industria 4.0

Medida 2.4. Xeración de novas liñas de negocio baseadas en produtos de maior valor engadido e a hibridación sectorial

As medidas desenvolven varias liñas de actuacion das cales destacan:

  • Accións en colaboración cos centros de educación media e superior, para a captación de talento polas empresas alimentarias galegas.
  • Configuración dun programa de impulso do emprendemento de carácter innovador no sector alimentario, en colaboración coas tres Universidades galegas e outras entidades.
  • Creación dun grupo operativo para o avance cara á industria 4.0 no sector alimentario galego e impulso de proxectos piloto do novo modelo de produción industrial intelixente.
  • Promoción de plans de acción conxunta para a xeración de novas liñas de negocio relacionadas con productos de maior valor engadido e a hibridación sectorial.