Os consumidores están cada vez máis interesados na información que aparece nas etiquetas dos alimentos. Tamén están cada vez máis interesados na súa alimentación, como se relaciona esta coa súa saúde, a composición dos alimentos que están seleccionando, así como o seu impacto no medio ambiente. Todo isto provocou unha proliferación do número e tipo de alegacións que aparecen nas etiquetas dos produtos alimentarios.
Este webinar organizado polo proxecto AHFES, liderado por Clusaga, centrarase no uso de alegacións nutricionais, de saúde e de sustentabilidade, e daranse recomendacións sobre como integralas en alimentos e bebidas saudables.
Para asistir a este evento online, que terá lugar o vindeiro 12 de maio ás 11.00, é necesario inscribirse previamente a través do enlace que aparece a continuación. O prazo de inscrición remata o 11 de maio ás 16.30 horas. A xornada será impartida en inglés, e a duración desta será dunha hora.
“AHFES – A quadruple helix Atlantic Area healthy food ecosystem for growth of SMEs” é un proxecto europeo financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico. AHFES ten como obxectivo mellorar a innovación, a competitividade e o crecemento das pemes de alimentos e bebidas saudables para aliñar os seus produtos coas necesidades e expectativas dos consumidores mediante servizos e formación.