O proxecto europeo F2F (Farm to Fork) Health Matters é unha aceleradora de internacionalización para pemes agroalimentarias innovadoras, impulsada pola alianza de cinco clústeres europeos: Wagralim (Bélxica), Clusaga (España), BioEconomy Cluster (Eslovaquia), InovCluster (Portugal) e Valorial (Francia).
Está financiado polo Programa Europeo para a Competitividade das Pequenas e Medianas Empresas (COSME) no marco do European Strategic Cluster Partnerships – Going International (ESCP-4i).
O obxectivo de F2F Health Matters é promover o desenvolvemento conxunto de servizos de internacionalizacion colaborativa con enfoque xeográfico, ofrecendo apoio a pemes das rexións participantes especializadas en biotecnoloxía e alimentación, para que desenvolvan unha folla de ruta internacional. A estratexia baseáse en proporcionar un paquete completo de servizos que impulsen a colaboración internacional e o desenvolvemento comercial.
Os países seleccionados para que as pemes participantes leven a cabo as misións de internacionalización serán tres, que serán escollidos polos cinco clústeres que conforman a alianza entre Canadá, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, Vietnam e Xapón.
O paquete de servizos para impulsar a colaboración internacional e o desenvolvemento comercial das pemes inclúe training e coaching, recibindo entrenamento personalizado por parte de mentores da rede de clústeres en campos coma a normativa ou o posicionamento de mercado; participación en eventos de matchmaking e networking; participación en misións internacionais e eventos B2B integrados en feiras e eventos de innovación alimentaria existentes; acceso a informes de mercado dos países destino; e apoio económico.
F2F Health Matters xa ten data para o seu primeiro evento. O vindeiro 25 de febreiro, de 9.00 a 11.00 horas (CET), terá lugar o webinar “F2F Health Matters – Panorama of EU support tools for ASIA”, un encontro para pemes agroalimentarias europeas que teñan interese na exportación dos seus produtos a Xapón, Vietnam ou Corea do Sur, no que se darán a coñecer as ferramentas de balde que a UE pon á súa disposición para acceder a estes mercados.
O evento está aberto á participación de pemes procedentes de calquera país da Unión Europea, e xa abriu o prazo de inscripción, sendo a data límite para anotarse o 24 de febreiro.