S3FOOD, o proxecto do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) que apoia o desenvolvemento de solucións para a transición dixital da industria agroalimentaria europea, é un dos tres nominados pola Comisión Europea para optar ao premio á partnership de clústers do ano. A votación permanece aberta ate o vindeiro 26 de outubro, momento no que a partnership gañadora será anunciada na European Cluster Conference 2022 (Praga).
Hacerse co galardón suporía por en valor tres anos de esforzo e traballo conxunto, así como os resultados e leccións aprendidas no transcurso do proxecto. Asimesmo, sería un recoñecemento a nivel europeo do labor de Clusaga e os seus asociados.
O proxecto S3FOOD, financiado polo programa Innovation in SMEs (INNOSUP-1) da Unión Europea, arrancou en 2019 con 13 socios, entre os que se atopa Clusaga, procedentes de 8 países europeos, e un orzamento de 5 millóns de euros.
Dende ese momento, S3FOOD constatou a importancia da innovación dixital para abordar os desafíos actuais do sector alimentario, tales coma o aumento dos prezos da enerxía, a escaseza de man de obra ou a capacidad de garantir un subministro de alimentos seguro, sustentable e accesible.
Ademais, este proxecto deu pulo a máis de 500 pemes agroalimentarias e proveedores de tecnoloxía da UE con servizos de apoio, coaching, training e oportunidades de networking, e financiado de forma directa os proxectos de innovación dixital de 75 pemes.
Entre os proxectos levados a cabo por entidades socias de Clusaga no marco de S3FOOD cabe salientar SafeTrack, de TripleAlpha e Larpro Engineering en colaboración con Jealsa e Grupo Pereira, unha plataforma deseñada para facilitar o seguimento e análise de datos da cadea de valor do procesado do atún; Libatio, de Viña Costeira, SC Robotics e NIGAL, un sistema intelixente para o seguimento en tempo real da evaporación na crianza de viños; e Cloud assessment of dairy production performance, de AOTECH e Glaucor, unha iniciativa de colaboración intersectorial.
S3FOOD é, ademais, un dos proxectos nacidos no marco do consorcio de Clústers SS4AF (Smart Sensors for Agrifood) que une l¡a experiencia de 42 socios (clústers e centros de investigación) de 17 rexións europeas, cuxo obxectivo é dar pulo á dixitalización da industria agroalimentaria en Europa para que sexa máis sustentable, resistente e centrada no ser humano.
O proxecto S3FOOD celebrou o seu evento de peche o pasado 7 de setembro en Bruselas. O encontro permitiu reunir a representantes dos 13 clústers socios, así como a algunhas das pemes beneficiarias.
Os asistentes celebraron o impacto acadado tras tres anos de colaboración internacional, habendo contribuído, entre outras cosas, a mellorar a eficiencia, a calidade e a seguridad alimentaria; así como a sustentabilidade do procesado de alimentos.
VÍDEO RESUMO