Vitafoods Europe é o evento anual que reúne os profesionais da cadea de subministración nutracéutica global. A finalidade do evento e dar a coñecer ás úlitmas innovacións centradas en catro áreas clave na indústria: ingredientes e materias primas, produtos alimentarios e bebidas, máis servizos e equipamento.
O programa ofrece o visitante unha plataforma perfecta para xerar novos negocios e construír relacións rendibles. A día de hoxe é o único evento que abarca as catro áreas clave da industria, dende os ingredientes ata o produto final. Neste evento reúnese a máis de 1.100 dos provedores globais máis innovadores e máis de 21.000 profesionais en busca de ingredientes saudables, materias primas, servizos, alimentos funcionais e suplementos nutricionais.
No 2018 Vitafoods Europe atraeu a máis de 20.000 visitantes de 112 países por primeira vez na historia de 21 anos do evento. A asistencia deste ano supuxo un aumento do 6% en comparación co ano anterior, mentres que o número de expositores aumentou un 8% en comparación co 2017.