×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia, elaborou un plan de actuacións para mellorar o posicionamento das empresas alimentarias galegas nos mercados, prestando especial atención á internacionalización e aos mercados en crecemento que están a xerar os cambios na demanda, en particular o programa Meet the Buyer desenvolve un plan de misións comerciais inversas e directas que permiten establecer relacións directas entre as empresas produtoras de alimentos e bebidas de Galicia e os compradores chave de distintos mercados de ámbito internacional.

Os obxectivos do programa son promover o establecemento e consolidación de contactos para o establecemento de acordos cara a internacionalización das empresas asociadas, reforzar a presenza nos segmentos de mercado con maior expansión e reforzar a imaxe de marca "Galicia" no ámbito alimentario.