×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Os clusters permiten que se produza o que se denomina o paradoxo da economía rexional na era da competencia global, no clúster, as empresas compiten e cooperan entre si. A maior competencia é o maior estímulo ao desenvolvemento tecnolóxico, mentres o intercambio de información e o acceso a novos mercados son as áreas máis frecuentes de cooperación. Este ambiente xera condicións de competitividade pois pode reducir custos, prover insumos de superior calidade e impulsar a creación de valor asociada á imaxe do territorio. Ademais, no marco dun elevado desenvolvemento para un conxunto de produtos xérase unha sofisticación da demanda.

No eixe do Plan Estratéxico de consolidación e proxección do Clúster Alimentario de Galicia, as medidas centrais orientase a consolidación do clúster e ao impulso dunha dinámica de cooperación e traballo en rede no sector, así coma a colaboración a nivel sectorial e intersectorial. Este eixe presenta un rol instrumental xa que ditas actuacións non constitúen fins en si mesmos, senón unha condición para alcanzar os restantes obxectivos.

A súa vez as principais liñas de actuación son: (1) Desenvolvemento de novos instrumentos para promover unha cooperación eficaz e difusión de metodoloxías para o desenvolvemento de capacidades de colaboración; (2) Creación de espazos de coñecemento mutuo e intercambio de experiencias entre socios; e (3) Posta en marcha de grupos de traballo específicos, a fin de identificar posibles áreas de colaboración entre os socios do cluster e outros axentes.

Por outra banda, a cooperación internacional entre clusters de diferentes países realízase co obxectivo de reforzar os vínculos das empresas locais cos nodos internacionais de coñecemento e innovación, e para incrementar a participación das PEMEs en procesos e proxectos colaborativos de innovación a escala transnacional. Desta maneira, pódense xerar novas oportunidades, e así impulsar a súa mellora competitiva e internacionalización.

O Clúster Alimentario de Galicia establece no seu Plan Estratéxico a participación en redes e promoción de proxectos de colaboración con outros clusters alimentarios e doutros sectores, especialmente a nivel europeo. Para o cal o cluster estableceu a Unidade de Proxectos Europeos.