No contexto dos ecosistemas europeos de innovación alimentaria, o proxecto Food-scalEUp, coordinado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) ten o obxectivo de fomentar a colaboración e impulsar programas e servizos dixitais de aceleración a nivel rexional.
Así, tras o mapeo e análise inicial dos ecosistemas rexionais de aceleración dixital alimentaria, o consorcio do proxecto, composto por 10 entidades entre as que se atopan clústeres e aceleradoras, avanza coas siguientes fases de execución.
As tendencias, necesidades e solucións en aceleración dixital alimentaria identificadas foron analizadas e validadas en sesións interactivas por un grupo composto por usuarios, provedores, xestores e promotores de servizos de aceleración. Este paso foi chave para xerar confianza e permitiu proporcionar información de interese para dar os seguintes pasos.
Entre as principais conclusións obtidas salienta o feito de que, se ben os desafíos en materia de innovación son similares para as rexions emerxentes e as rexións líderes, as solucións requiren un enfoque personalizado.
O consorcio de Food-scalEUp traballará de xeito colaborativo para mellorar os servizos de apoio empresarial específicos das rexións membro, coma pode ser a mellora de servizos de apoio financeiro. Outras liñas de traballo, para as cales se están a implementar living labs, son o establecemento de conexións entre rexións e o fortalecemento do ámbito da tecnoloxía aplicada a alimentación en Europa.
Asimesmo, estase desenvolvendo un plan de acción que servirá como guía para obter unha visión xeral das posibles rutas que poden tomar as rexións e para axudar a seleccionar e priorizar as solucións identificadas.
Neste sentido, o consorcio está explorando opcións para desaevolver novos e mellores servizos de aceleración, e compartíndoas con actores rexionais procedentes de Galicia e Navarra (España), Közép-Dunántúl (Hungría), Normandía, Países do Loira, Bretaña, PACA e Auvernia Ródano-Alpes (Francia), Ostwestfalen-Lippe e Renania do Norte-Westfalia (Alemania), e Güeldres e Brabante Septentrional (Países Bajos).